TR341Q Programa do bono das persoas autónomas

TR341Q

ORGANISMO CONVOCANTE: Xunta de Galicia

BENEFICIARIOS

As persoas traballadoras autónomas que estean dadas de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que na data da solicitude teñan unha antigüedade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 50.000,00€ e unha facturación mínima anual de 12.000,00€, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2022.

As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüedade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional, que non fose beneficiaria con
    anterioridade de esta axuda e que non presentase nesta convocatoria outra solicitude como persoa autónoma individual ou societaria.
  • Que a empresa teña una facturación mínima anual de 12.000,00€, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2022.
  • Que a empresa teña unha base imponible no imposto de sociedades de declaración realizada referida ao ano 2022 inferior a 50.000,00€ (recadro 552 do Imposto). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rentas, este importe de 50.000,00€ referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no
    IRPF da suma de todos os membros da entidade solicitante (modelo 184).

Quedan excluídos desta orde: Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea.

Quedan excluídos desta orde: As persoas autónomas administradoras, salvo que formen parte da sociedade con porecentaxe superior ao 25 % das súas participacións ou do 33% do capital social.

Quedan excluídas desta orde: As persoas traballadoras autónomas beneficiarias de axuda do bono das persoas autónomas, procedemento TR341Q, nas últimas 5 convocatorias (2019 a 2023).

SUBVENCIÓN

Poderase conceder unha subvención do 60% da actividade que se vai subvencionar, cun límite máximo de 7.000,00€ de axuda polo conxunto de actividades subvencionables e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.

Esta axuda terá unha liña de actuación, da mellora da competitividade, a través dos seguintes investimentos:

  • Compra de maquinaria
  • Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética
  • Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos Compra de utensilios e ferramentas
  • Reforma do local de negocio
  • Equipamento informático (en ningún caso teléfonos móbiles e smartphones)
  • Equipamento de oficina ou negocio
  • Rótulos
  • Aplicacions informáticas, páxinas web, apps e redes sociais
  • Deseño de marca

*A través de esta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2024 e ata a data da solicitude da axuda, efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento.

PLAZO DE PRESENTACIÓN

Desde o día 29 de xaneiro de 2024 e remata o día 30 de setembro de 2024.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA A PRESENTAR COA SOLICITUDE

  • Cuando se actúe mediante representación, poder suficiente da persoa representante par actuar en nome da persoa representada.
  • Facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento, onde se identifiquen de xeito claro as características e o custo do investimento.
  • Documentación xustificativa de volume de facturación e base impoñible. No caso das persoas traballadoras autónomas que tributen por módulos, será unha declaración responsable da facturación realizada no último exercicio económico (anexo I), co importe da facturación realizada no último exercicio económico.
  • Documentación xustificativa de que a persoa autónoma societaria identificada no anexo I o é da entidade que solicita a subvención, no seu caso.

*A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente e será considerada como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda, no seu caso.

PLAZO DE RESOLUCIÓN

3 meses a computar desde a data de entrada da solicitude.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Scroll al inicio